A
Aula de Historia do Periodismo Diari de Barcelona é
unha entidade de investigación e colaboración
entre os Estudos de Periodismo da Universidade Pompeu Fabra
(UPF) e o Arquivo Histórico da Cidade do Concello de
Barcelona, creada no ano 1997 co nome do diario máis
representativo da cidade, fundado en 1792.
A
Aula Diari de Barcelona reúne cada ano a xornalistas,
historiadores, bibliotecarios e arquiveiros nun coloquio sobre
hemerografía e patrimonio documental, que abordou xa
os temas seguintes: a prensa, documentación histórica
en perigo (1998), política hemerográfica en Cataluña
(1999), dixitalización de hemerotecas (2000 e 2001),
a fotografía de prensa como patrimonio documental (2002)
e historia do periodismo: estado da investigación e uso
dos fondos documentais (2003). No mes de xuño de 2004
celebrarase o VII Coloquio, que tratará sobre os fondos
sonoros. As reseñas destes coloquios publícanse
na web da Aula
e na revista Treballs de Comunicació
da Societat Catalana de Comunicació.
É
función da Aula Diari de Barcelona promover
a investigación histórica entre os estudantes
de periodismo e o traballo conxunto dos investigadores en proxectos
de interese común, no marco da colaboración entre
os Estudos de Periodismo e o Arquivo da Cidade.