| Presentación
da
Asociación de Historiadores da Comunicación
Congresos
anteriores
Xunta
directiva
A
Asociación de Historiadores da Comunicación (AHC)
é unha entidade que agrupa a profesionais dos estudos
de Periodismo e de Comunicación de todo o Estado español
que se dedican á docencia e á investigación
de materias relacionadas coa historia da comunicación.
Desde a AHC preténdese dar pulo á investigación
neste ámbito mediante a celebración de encontros
e xornadas científicas. Tamén quere servir como
foro de debate metodolóxico e académico entre
os seus membros e facer de nexo de unión de todo tipo
de iniciativas que faciliten o acceso ás fontes históricas,
o intercambio dos resultados das investigacións dos seus
membros e a cooperación con outras asociacións
afíns.
Congresos anteriores
A
Asociación de Historiadores da Comunicación celebra
cada ano e medio un Congreso que aborda distintos aspectos relativos
á historia da comunicación. Ata a data, xa se
celebraron seis edicións:
-
I
Congreso: "Metodoloxías para a historia da comunicación
social”
Universidade Autónoma de Barcelona,
outubro de 1995.
-
II Congreso: "A Comunicación Social nos plans
de estudos das universidades”
Universidade Complutense de Madrid, outubro
de 1996.
-
III
Congreso: "Do gaceteiro ao profesional do periodismo.
Evolución histórica dos actores humanos do cuarto
poder”
Universidade de Navarra, Pamplona,outubro
de 1998.
- IV
Congreso: "A comunicación social durante o franquismo"
Universidade de Málaga, abril de 2000.
-
V
Congreso: "A comunicación audiovisual na historia"
Universidade das Illas Baleares, Palma de
Mallorca, outubro de 2001.
-
VI
Congreso: "Comunicación e guerra na historia"
Universidade de Vigo, Pontevedra, abril de
2003.
Enriba
Xunta
directiva da AHC
Presidente
Juan A. García Galindo (Universidade de
Málaga)
Vicepresidenta
Ingrid Schulze (Universidade Complutense de Madrid)
Secretario
Antonio Castillo Esparcia (Universidade de Málaga)
Tesoureiro
Juan F. Gutiérrez Lozano (Universidade
de Málaga)
Vogais
Alejandro Pizarroso Quintero (Universidade Complutense
de Madrid)
Antonio Laguna (Universidade Cardenal Herrera-CEU,
Valencia)
Francesc Espinet (Universidade Autónoma
de Barcelona)
Carlos Barrera (Universidade de Navarra)
Enriba
|